Concedido ao Concello de
Tui ao obradoiro dual de emprego “Senda
río
Furnia”
A consellería de Emprego e Igualdade concede 500 mil
euros para a actuación na que se formarán 20 persoas durante
un ano

O
concello de Tui vén de recibir a notificación da Consellería
de Emprego e Igualdade da concesión dunha subvención de
503.987,00 € para a realización do obradoiro dual de emprego
“Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.
Trátase dun proxecto moi ambicioso que ten coma finalidade a
formación en
dúas profesións con gran demanda laboral
No mesmo formaranse 20 alumnos e alumnas nas especialidades
de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de
montes” e outra de madeira de “Montaxe e instalación de
construcións de madeira”. Ao remate desta acción formativa,
o alumnado recibirá o correspondente certificado de
profesionalidade nestas dúas profesións.
O obxectivo é recuperar a riqueza natural e cultural da
conca do río Furnia no termo municipal de Tui, coa creación
dunha senda de 4.650 metros á beira do río.
O alcalde Enrique Cabaleiro e a concelleira de Emprego e
Formación, Ana Núñez, amosan a súa satisfacción pola
consecución deste novo obradoiro de emprego que ofrecerá
competencias para acceder ao emprego mellorando o currículo
destas vinte persoas
(ODS 4, 6, 11 e 15,).
Engaden, ademais, que Tui avanza no cumprimento dos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
(ODS) promovendo oportunidades de aprendizaxe para toda a
vida para todos/as. Tamén dá os primeiros pasos nos
compromisos marcados pola
Axenda Urbana Española
no seu obxectivo estratéxico 1 coa mellora do patrimonio
natural e a protección da paisaxe, a recuperación da
biodiversidade e a creación de infraestruturas verdes que
promovan a conectividade ecolóxica.
O proxecto inclúe,
por unha banda, a integración ambiental do propio curso
fluvial e, por outra, unha senda peonil de 4.650 metros de
lonxitude na zona de servidume de tránsito do río nas
parroquias de Malvas e Pexegueiro. Para a súa execución
contémplase a limpeza de vexetación, colocación de tocos de
sinalización, paneis informativos, varandas e pontellas de
madeira. Coa execución desta senda o concello dará resposta
a unha vella aspiración da veciñanza destas dúas parroquias
tudenses.
O río Furnia, que nace no Parque Natural do Monte Aloia e
desemboca no río Miño en Tomiño, destaca pola importancia da
súa flora e pola súa riqueza patrimonial, xa que ao longo do
seu percorrido e contorna existen numerosos muíños, pontes e
outros elementos patrimoniais de consideración.
Agora,
tras recibir a resolución favorable por parte da Consellería,
o proceso de selección comezará nas próximas semanas e as
persoas interesadas en participar deberán estar inscritas na
oficina de emprego nas áreas correspondentes. A subvención
solicitada contempla tamén a contratación dunha persoa para
o cargo da dirección, outra para
titoría, outra a tempo parcial para auxiliar de
oficina, e dúas persoas como docentes. O alumnado deberá
estar en posesión do graduado en ESO ou superior, ser maior
de 18 anos e estar inscritas na oficina do Servizo Público
de Emprego de Tui. Para a selección tanto do persoal de
administración como para o alumnado, o Concello solicitaría
á oficina do SPEG unha listaxe de persoas que cumpran as
condicións e realizaría o proceso de selección seguindo as
instrucións da Consellería. Vinte persoas desempregadas
estarán durante 12 meses formándose, ao tempo que
desenvolverán un traballo remunerado de interese xeral en
beneficio dos veciños e veciñas
de Tui.
|