Como recensión informativa do que foi a actuación de JONATÁN ALVARADO, dentro do programa de MÚSICA NO CLAUSTRO, bástenos sumarnos ao acertado comentario que a organización do festival fixo, no seu día, a hora de presentar ao cualificado artista:
  "Coa súa natural frescura, a medio camiño entre as esferas do “popular” e do “académico”, o cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado preséntanos un conxunto de cancións de orixes diversas, unidas por sutís fíos narrativos, poéticos e musicais. Cancións organizadas en cinco grupos temáticos que se alternan como os paneis brillantes e refinados dun retablo renacentista.
  Entre estas orixes destaca o Codex Zuola, un manuscrito colonial barroco descuberto no primeiro terzo do século XX. Entre as súas cancións atopamos a que lle dá título a este concerto e a recente publicación discográfica de Jonatan Alvarado: Pajarillos fugitivos"
.

REPORTAJE GRÁFICO
(Requiere flash)